Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O festival cans rodou a semana pasada os seus videoclips

Xa queda menos para Cans. Case se roza. De feito, este fin de semana xa se poden palpar os primeiros arranques do irreverente festival de curtos do Porriño da man do proxecto Can Campus. A iniciativa, que agrupa a estudantes da Universidade de Vigo e músicos, converterá o municipio nun estudio de gravación de videoclips.
Tanto o domingo 15 como o luns 16 75 persoas trasladaranse á parroquia para, baixo a dirección de Juan Lesta e Belén Montero, gravar dous videoclips de grupos galegos emerxentes. Neste caso os músicos son os compoñentes de Glasgow e MeDoMeDá. Ademais, outro equipo de estudantes realizará o making of das gravacións e unha campaña publicitaria para promocionar o festival. Todos os traballos se estrearán no Festival de Cans e serán emitidos a través de V Televisión.
Os estudantes forman parte da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e o proxecto conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, da empresa Eventos Oide e coa colaboración de V Televisión.
Este é o segundo ano que se realiza o proxecto, tras recadar grandes éxitos na pasada edición co videoclips do grupo Sinestesia.
Nesta ocasión os impulsores da idea, o director do festival Alfonso Pato e o profesor Oswaldo García, decidiron ampliar o proxecto a máis grupos e por iso quedará pendente outra rodaxe, o dun videoclips de Banda Crebinsky, sobre a que traballará un grupo de estudantes baixo a dirección de Enrique Otero. Neste caso desenvolverase a finais do mes de abril.


Reyes López 2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-04-2012 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal