Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Soben as taxas das universidades
O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, acordou cos conselleiros das comunidades autónomas unha subida de ata un 66 % nas matrículas universitarias para o próximo curso. Cada curso nunha universidade custa de media 6.000 euros, dos que os alumnos pagan agora ao redor de 900 euros. Se se aplica a subida máxima, chegarían a pagar 1.500 euros. O Goberno explicou que esta medida é imprescindible para conseguir elevar a parte do financiamento da universidade que corre a cargo dos estudantes.

A proposta do Goberno é que os alumnos pasen de sufragar o 15 % do custo real do curso, como ata agora, a pagar un máximo do 25 % do total, o que, de aplicarse o tope desa subida, implica un incremento do 66 %. En total, o custo medio do curso neste caso subiría en 540 euros, segundo o ministerio.

O Ministerio propón tamén elevar as horas lectivas dos mestres universitarios que non se adiquen á investigación. O obxectivo é reducir nun total de 3.000 millóns de euros o orzamento en Educación para cumprir co último recorte anunciado polo Goberno, que inclúe outro recorte en Sanidade de 7.000 millóns de euros.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2012 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal