Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Está preto a 3ª República?
A viaxe do rei a Botsuana para cazar elefantes en plena crise abriu o debate sobre o papel da institución monárquica e como debería adaptarse aos novos tempos para frear o progresivo desapego popular. Nunca a monarquía e quen a encarna foran tan cuestionados. Catedráticos de Dereito Constitucional consultados por La Voz consideran que as históricas e xenéricas desculpas de don Juan Carlos non resolven a cuestión e deberían ir acompañadas dunha serie de reformas lexislativas, maior transparencia e cambios de actitude.

Antonio Torres do Moral (UNED) enumera os retoques legais que habería que acometer de forma urxente. Reformar a Constitución para igualar á muller e o home na orde sucesoria, promulgar un estatuto da familia real, unha lei relativa á Casa Real, unha lei orgánica para aclarar dúbidas sobre a sucesión ou cambiar a redacción do artigo que outorga ao rei o «mando supremo» das Forzas Armadas para que diga «rango supremo», xa que a súa dirección corresponde ao Goberno.

Cambio de actitude
Do mesmo xeito que Torres do Moral, Xavier Arbós (Universidade de Barcelona) considera que a Casa Real «debe incluírse na lei de transparencia». Tamén sinala que debe haber un cambio «nas actitudes para evitar a exhibición dunha vida luxosa». Ademais, «o episodio pode ser útil para que quede claro que a persoa que está á fronte da monarquía debe ter un comportamento impecable».

«O rei debe ser consciente de que é o xefe do Estado os 365 días do ano», sinala Eduardo Vírgala (Universidade do País Vasco). «A partir de agora non debe realizar actividades que poidan comprometer a súa imaxe ou que transmitan aos cidadáns un estilo de vida contraditorio coas mensaxes dos seus discursos», asegura. Considera moi necesario elaborar «con acougo e detemento todo o estatuto xurídico da Coroa que está previsto na Constitución e permanece inédito».

«Na miña opinión, o cambio esencial é que a Coroa debería ser considerada, practicamente para todos os efectos, un poder máis do conxunto do Estado e someterse aos mesmos principios constitucionais das Administracións públicas», sostén Pablo Santolaya (Universidade de Alcalá). Nese sentido, considera que «non hai ningún motivo para que se exclúa á Casa do Rei da lei de transparencia».

Tratamento privilexiado
Tampouco entende por que «ten un tratamento privilexiado á hora de restrinxir os fondos públicos que ten asignados nunha situación de crise». «Non se cal é a razón pola que o seu orzamento é unha partida global de libre distribución polo rei e así un longo etcétera», engade. «En definitiva, a monarquía do século XXI debería recoñecer o feito de que é, para todos os efectos non incompatibles coa súa propia esencia, unha institución dun Estado de dereito», conclúe.

Yolanda Gómez (UNED), autora da monarquía parlamentaria: Familia real e sucesión á Coroa, considera que non se trata tanto de cambiar, senón de dar á xefatura do Estado a relevancia que debe ter; se isto fose así, habería máis información sobre as súas actividades». Destaca que o tipo e a frecuencia destas depende do que marque o Goberno, polo que non é partidaria de «culpar» á institución. E conclúe: «Os cambios deben vir fundamentalmente de propostas do Goberno que é, finalmente, quen marca e dirixe a política interior e exterior».

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Bo artigo de análise. As institucións teñen que estar ao servizo do estado de benestar dos cidadáns e non que sirvan de aemen#blgtk08#teiro de vergoña e reprobación para aqueles que defendemos a natureza en todas as súas formas grandiosas de expresión e vida.
Comentario por M and C (22-04-2012 19:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal