Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Centro Dramático o cargo de Manuel Guede
O actor e dramaturgo ourensán Manuel Guede regresa á dirección do Centro Dramático Galego (CDG), un cargo que xa ocupou dende 1991 ata 2005, coa idea de "gañar prestixio" para a institución e convertela nunha "república independente" e na "casa dos mellores". Así o asegurou o propio Guede durante a súa presentación como novo director no CDG, un cargo no que substitúe a Blanca Cendán, destituída o pasado 23 de marzo. Ao acto asistiu o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero. "Esta non é a casa de todos, só pode ser a casa dos mellores", sentenciou Manuel Guede, ao tempo que rexeitou "facer populismo", dado que o CDG "non é o lugar dos experimentos", senón onde se "consolidan os grandes proxectos".

Entre os seus obxectivos á fronte deste organismo, o novo director apostou por "recuperar o diálogo coas institucións" e traballar con "Portugal no frontispicio", ao tempo que se "gaña o prestixio" e se "consolida" o CDG.

Durante a súa primeira intervención como director do CDG, Manuel Guede asegurou non sentir que "regresa" ao CDG, senón que chega "a un novo sitio" influído e modificado pola crise económica, algo que "supón un reto".
Por iso, instou a coñecer primeiro os recursos que ten o organismo antes de confirmar se a montaxe de As Furias, presentado pola anterior directora, producirase finalmente ou non, aínda que comprometeu que presentará unha programación "en 15 días". Guede Oliva apostou por "recuperar" o teatro galego e o "diálogo" cos proxectos internacionais e a literatura dramática contemporánea, porque "os proxectos non son bos ou malos, son posibles ou imposibles".

Preguntado sobre se seguirá as liñas programáticas da anterior directora do CDG, Blanca Cendán, Manuel Guede rexeitou que existan tales indicacións. "¿Que proxecto?", cuestionou Manuel Guede, quen asegurou que a chegada ao cargo de Cendán foi, como foi a súa, "dixitalmente". Así, asegurou que o concurso público polo que supostamente Cendán chegou á dirección do CDG é "unha mentira mil veces repetida", dado que a comisión deste concurso deixou "deserta a convocatoria" e a anterior directora foi "elixida dixitalmente".
MARÍA ÁLVAREZ ÁLVAREZ
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal