Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A normativa da RAG cumpre 30 anos e acada a súa 23.ª edición
As Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego acadaron a súa vixésima terceira edición cando se cumpren trinta anos desde a súa promulgación e poden ser descargadas libremente desde a recén estreada web da Real Academia Galega.



Mentres a RAG espera unha resposta das institucións tras o recorte do 62 % na asignación do Ministerio de Educación, a web da Academia ofrece desde esta semana a última edición das normas, un manual que leva vinte e tres edicións desde hai trinta anos e que, segundo a RAG, «constitúe un paso fundamental no camiño cara á normalización do galego».



Esta edición aparece sen cambios normativos e conservando as mesmas directrices fixadas cando se redactou a súa última e actual versión no ano 2003. A nova edición conserva o prefacio realizado para a edición cos últimos cambios e incorpora un novo texto do actual presidente, Méndez Ferrín, no que sinala que o actual corpo académico «non cederá na súa vontade de conseguir que o idioma propio se converta en usual e socialmente asumido pola totalidade da poboación de Galicia». O presidente explica na mesma introdución que esta vontade inclúe «as persoas doutras linguas e culturas que as circunstancias obrigaron a viren vivir e traballar no noso eido patrio».



Ferrín explica no novo volume que sería «loucura concibir a salvación da nosa lingua sen o recurso a unha normativa ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social».

A nova edición destas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coincide coa posta en marcha da web da RAG, que, ademais das novidades da institución, ofrece un dicionario en liña en galego. Ademais do volume da normativa, tamén poden descargase da páxina académica o boletín da institución, que ten chegado xa ao número 370 e outra das publicacións periódicas que fai a RAG, os Cadernos da Lingua.




Recepción de Zubillaga



A Real Academia Galega celebra hoxe unha sesión extraordinaria para recibir ao novo académico de honra, Carlos Alberto Zubillaga Barrera. O acto comezará ás doce do mediodía e o discurso de ingreso de novo académico de honra versará sobre Relixión e relixiosidade na temperá emigración galega a Uruguai. O acto ten carácter aberto e terá lugar no salón de actos da sede da RAG na coruñesa Rúa Tabernas. Zubillaga é historiador, nacido en Uruguai e especialista en xenealoxía.



Noelia Fernández Paradela
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-04-2012 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal