Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A campaña 'Vivamos como Galegos', de Gadis, recibe un novo premio publicitario no seu quinto aniversario
A Asociación de Medios Publicitarios de España outorgou un Premio Ampe de Plata, en ao categoría de diarios, ao anuncio de Supermercados Gadis que reuniu 950 cidadáns de Galicia na rodaxe do anuncio '1.000 anos máis vivindo como galegos'.

Este novo premio á campaña 'Vivamos como galegos' chega no seu quinto aniversario. Esta campaña tivo máis de 2,5 millóns de visitas de 142 países de todo o mundo no seu web, conta con máis de 100.000 fans en Facebook e é, ata o momento, a campaña máis descargada de Internet na historia da publicidade española, respecto ao target de planificación.

A Asociación de Medios Publicitarios de España está integrada por máis de 30 empresas dedicadas profesionalmente ao desenvolvemento dos medios publicitarios de España e anualmente convoca os Premios Ampe, nos cales se valora, entre outros aspectos, a creatividade, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e o recordo e o grao de vinculación coa marca.
Nesta 43ª edición participaron máis de 140 das principais empresas e multinacionais. Esta campaña, desenvolvida pola axencia BAP&Conde, xa recibiu outros tres premios nacionais nos últimos anos.

Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-04-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal