ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mos recrea a expulsión dos franceses a pesar da choiva

Arde o Pazo dos Marqueses de Mos. E é unha pena, porque se trata dunha xoia arquitectónica recentemente restaurada. Bo, en realidade non hai chamas reais, só o recordo do día no que se incendiou de verdade, en 1809. Por iso hoxe volveron os fumes e os enfrontamentos á zona, para recrear a batalla que os habitantes da Louriña mantiveron contra os franceses.

Os chuvascos intermitentes fixeron que se demoren algúns dos actos, a pesar de que a organización habilitou unha gran carpa en previsión do mal tempo. A escenificación corre a cargo a 75 actores afeccionados, de varias asociacións mosenses (A.C. A Cividade de Louredo, C.C.D Sta. Eulalia de Mos, A.V.V. Chan do Bosque, C.S.C.D. As Pedriñas, A.V.V. A Nosa Terra) e tamén a agrupación do Casco Vello de Vigo e as Heroicas Alarmas de Pontesampaio, que representan aos veciños de Mos e da comarca e ás tropas francesas dirixidas polo xeneral Maucune. O público puido gozar tamén de 38 postos onde se vende artesanía e degústanse consumicións de produtos galegos. A festa continua esta tarde e acabará na próxima madrugada tras a escenificación do saqueo do antigo pazo dos marquesas de Mos que foi recuperado pola comunidade de montes hai catro anos.


JULIÁN IGLESIAS 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría: Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2012 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal