Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O alcalde de Xinzo de Limia propón seis alternativas para evitar pór en marcha o ERE
Cando os traballadores do Concello de Xinzo chegaron onte ao seu posto de traballo atopáronse cunha circular interna que os convocaba para unha reunión obrigatoria co alcalde á unha da tarde. O rexedor, Antonio Pérez, do PP, quería explicarlles en persoa o plan de axuste que prevé drásticos recortes de persoal. Así, á hora marcada, paralizouse a actividade de todos os servizos municipais e a práctica totalidade dos 141 traballadores do Concello déronse cita no salón de plenos para escoitalo.
Alí, o alcalde explicoulles que ten seis alternativas para evitar ter que aplicar o expediente de regulación de emprego (ERE) previsto no plan de axuste para un mínimo de 25 traballadores. Antonio Pérez non precisou os detalles de cada unha desas opcións e tampouco o fixo despois a preguntas de La Voz, aínda que sinalou que se basean principalmente na redución dos salarios. Algunhas fontes sinalan que a rebaixa podería roldar o 8 %. Sexa como sexa, ata o martes, xornada na que se prevé a primeira reunión do alcalde cos representantes dos traballadores, non se coñecerán con concreción as novas medidas propostas polo goberno local.
O diálogo preséntase difícil porque, desde que se aprobou o plan de axuste municipal, ambas as partes lanzáronse graves acusacións. De feito, onte Anxo García, líder da sección sindical da CIG, organización maioritaria no Concello, asegurou que a reunión convocada polo alcalde é ilegal. «Con quen ten que falar é cos representantes dous traballadores. Coa reunión de onte violou ou dereito á negociación colectiva coa intención de presionar aos traballadores», sinalou García, que porá o caso en mans dos servizos xurídicos da CIG.

Alejandro Prieto Ferro 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-04-2012 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal