Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Méndez Ferrín saca á rúa a Semana Galega de Filosofía

Como na antiga Grecia, a cultura saíu ao ágora, neste caso á praza do Teucro de Pontevedra. O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, decidiu levar a esta contorna a súa conferencia dentro da Semana Galega de Filosofía debido ás protestas dos afectados polas participacións preferentes que tiveron lugar ante o escenario inicialmente previsto, o Centro Social de Novacaixagalicia.
«A caixa estaba tomada -explicou Ferrín- pola manifestación e así non podíase dar unha conferencia, con centos de manifestantes fóra». Tras sinalar que non coñecía o caso dos afectados, Ferrín optou pola praza pública para pronunciar a súa charla, titulada Galicia e Europa hoxe, iso si, con case unha hora de atraso sobre o horario previsto, xa que o edificio de Novacaixagalicia permaneceu pechado, cos asistentes da Semana de Filosofía no seu interior, ata que a protesta se disolveu.
A Aula Castelao, organizadora da Semana, quixo negociar o acceso dalgúns afectados para que «comunicasen ou que lles parecese oportuno», pero asegurou que Ferrín trasladou a charla por negarse a falar «nun espazo que se pecha á xente». A pé de praza, Méndez Ferrín falou de que hoxe existe só unha civilización «pola unificación dá ciencia» e, polo tanto «non pódese falar de alianza de civilizacións». E do caso de Galicia, á que Europa «non lle fixo ben ningún». «Eu non creo que a Unión Europea sexa Europa, é un grupo de Estados capitalistas e despóticos que nos gobernan, e nós non  aí nada que ver», dixo.


Antía Rivas Oural, 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-04-2012 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal