Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dous libros galegos, entre os mellores da literatura infantil mundial
Os álbums «Zimbo», de OQO editora, e «A viaxe de Olaf», de Kalandraka, seleccionados na prestixiosa lista «The White Ravens»
Dous libros de autores galegos acaban de ser incluídos na lista The White Ravens, recompilada cada ano por unha biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil de Múnic (Alemaña) e que se considera unha referencia neste ámbito. Trátase dos álbums Zimbo, da editora OQO, e A viaxe de Olaf, de Kalandraka.
Desde 1996 a Internationale Jugend Bibliothek selecciona, de entre os miles de libros publicados cada ano, 250 infantís e xuvenís editados en máis de 30 idiomas e procedentes de 50 países. Os libros distinguidos con The White Ravens formarán parte dun catálogo en lingua inglesa -con recensións dos 250 títulos- e dunha mostra que se exporá na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (19 ao 22 de marzo).
Entre os sete títulos en lingua castelá seleccionados neste 2012 figuran dous de editoriais galegas. Un deles, Zimbo, -definido pola institución alemá como «un álbum poético, sensible e que admite distintos niveis de letura»- é unha emotiva historia sobre as ansias de liberdade e emancipación dunha marioneta, que ansía cortar os fíos que a atan ao seu creador. A editorial OQO editou este libro no 2011 en galego e castelán e para un público de entre 8 e 12 anos.
O segundo título galego incluído en The White Ravens é A viaxe de Olaf, un fermoso canto á amizade protagonizado por unha sorte de Principiño que, farto da soidade, inicia un camiño iniciático en busca de compañía e novos horizontes. Este libro de Kalandraka, cheo de colorido e orientado aos primeiros lectores, alzouse o ano pasado co IV Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado.

Borja Pérez, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-04-2012 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal