Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Villar deixa a Fundación Rosalía cun duro ataque aos seus críticos
«A petición propia» Helena Villar Janeiro presentou onte a súa carta de renuncia como presidenta da Fundación Rosalía de Castro durante a celebración en Padrón dun plenario extraordinario no que a escritora tamén deu conta dun informe da súa xestión desde o ano 2005 ata agora. Na mesma reunión fíxose efectiva a dimisión de Alfredo Conde como patrón da entidade. O escritor xa anunciara a súa intención de renunciar ao seu cargo por discrepancias coa xestión levada a cabo pola ata onte presidenta.
Helena Villar asegurou que as declaracións públicas de «certos membros» do padroado «propiciaron» a súa marcha, que non se produce «en situación de normalidade» como tampouco o foi a súa chegada, dixo. Para a escritora sería «imposible» seguir á fronte da institución coa «confianza que require un labor que non pódese facer a golpe de denuncias nin de comunicados de prensa», en alusión a todo o que transcendeu publicamente por mor da aprobación do orzamento da fundación para este ano. Nese sentido, sinalou que os que facilitaron a información incumpriron o artigo dos estatutos de desempeñar o seu cargo de patróns «con lealdade á fundación».
«Tratei de servir a Rosalía ou mellor que souben e que puiden», engadiu Villar, que explicou que «este traballo non pódese realizar en solitario pero tampouco pódense elixir con total liberdade as compañías».
Laura Iglesias Vidal 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-04-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal