Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pescanova medra, mais Galiza non o fai con ela
A multinacional viguesa Pescanova realizou un inxente esforzo investidor nos últimos anos e agora é momento de ver os resultados para seguir crecendo. Por iso, e dada a actual situación económica, a compañía manterá un plan de negocio que aposta por realizar unicamente investimentos de reposición. A nova normativa en materia acuícola da Xunta de Galicia, que facilita legal e ambientalmente a instalación de factorías, non mudará a folla de ruta de Pescanova. Así o asegurou onte o presidente da firma, Manuel Fernández de Sousa, tras a xunta xeral de accionistas celebrada en Chapela. "Estamos de acordo", aseverou en relación á nova política acuícola galega, "pero a situación actual non alenta a un investimento". Fernández incidiu: "Agora que xa pasou, pois pasou" .

A este respecto, e preguntado polos xornalistas sobre a macroplanta instalada en Mira (Portugal), o directivo recoñeceu estar "moi contento". Ata alí marchou Pescanova ante a imposibilidade de instalar esta planta en Galicia. "Estamos contentos de apostar por Portugal e de facelo no seu momento. "Foi un acerto", apostilou.

En canto á posible venda dalgúns activos –barcos e factorías – por valor de algo máis de 50 millóns de euros, Manuel Fernández restou importancia a esta noticia xa que se trata dun volume de activos "moi pequeno". En todo caso, sinalou a FARO, son activos suxeitos a unha eventual desinversión. "Non saímos da pesca, e seguirá sendo así", sinalou.

A xunta de accionistas de Pescanova aprobou por unanimidade as contas anuais e deu o visto e prace a un dividendo de 0,55 euros por acción. A compañía repartirá preto de 10,7 millóns de euros aos seus accionistas a partir do 30 deste mes. Pescanova amplía así a retribución dos seus accionistas en 0,05 euros por título á conta dunha menor dotación das reservas voluntarias. A xunta aprobou tamén a reelección de Anabel Barreiras como membro do consello.

A comparecencia de Manuel Fernández fixo fincapé na estratexia de longo percorrido da compañía. Os datos facilitados aos investidores se retrotraen a 2004, data en que Pescanova iniciou a súa "estratexia de diversificación de riscos" cara á acuicultura. Dez anos despois, e se se cumpren as previsións oficiais, a pesca tradicional e a acuícola xerarán o mesmo Ebitda (resultados antes de impostos ou amortizacións).

"É un diferencial estratéxico", apuntou sobre o posicionamento en orixe da multinacional, tanto en acuicultura como en pesca tradicional. "O que interesa é o produto, non como o fas", sinalou. Só en acuicultura Pescanova prevé facturar en 2012 ata 600 millóns de euros, a metade do que facturou este ano a división de pesca tradicional. Os cálculos de Manuel Fernández cifran en 90 os millóns de Ebitda que xerará a actividade nas plantas acuícolas, o dobre que en 2010. "A acuicultura é o que fai crecer" o beneficio antes de impostos, recoñeceu.

Das dez principais compañías do mundo, competidoras de Pescanova, só a galega –no posto catro– ten unha estratexia de negocio ancorada na pesca en orixe e a acuicultura con vistas a que ambas conflúan a medio prazo.

Pescanova producirá ata 8.000 toneladas de rodaballo a peche de 2012 e duplicará as de salmón e lagostinos, con ata 50.000 toneladas máis. " Temos diversificación: máis dun país por especie, máis dunha especie por país", resumiu.

Preguntado pola piratería no Índico, Fernández atribuíu o incidente da Veiga 5 á "mala sorte" polas correntes da canle de Mozambique. "Non quero pensar en como está a piratería", sinalou. Con soldados a bordo e medidas de seguridade como as cidadelas, o presidente da multinacional valorou as medidas de seguridade. "Se non estivésemos seguros non estabamos alí".

Fernández de Sousa tamén destacou a consecución dos plans de captación de capital. "Nós saímos ao mercado e colocamos –pola débeda –, e outros non", dixo. "O investidor quere"

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-04-2012 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal