Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Conde Roa non dimite

O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa (PP), admite que se enfronta a «un mes moi duro» tras a querela por delito fiscal presentada contra el por haber presuntamente defraudado 291.000 euros a Facenda ao non declarar o IVE da venda de 61 pisos que fixo a empresa da que é administrador único, Geslander Proxectos de Edificación. Un pau que, con todo, deixa claro que non lle fará renunciar ao seu cargo. «Non vou dimitir», asegurou onte tallantemente.
O rexedor compostelán está agora centrado en organizar o seu defensa legal e por iso non quere facer máis declaracións. Ademais, recorda, a querela aínda non lle foi notificada oficialmente polo xulgado de instrución número 2 de Santiago, que é o que a admitiu a trámite.
A notoriedade do caso e as súas evidentes implicacións políticas auguran que os trámites se axilizarán ao máximo. Conde Roa declarará en tan só cuestión de días ante o xulgado en calidade de imputado. Tamén o fará, pero como testemuña, o xefe da delegación especial da Axencia Tributaria en Galicia.
Tras as declaracións de ambos, o proceso non debería demorarse máis aló dun ou dous meses. A investigación do caso non entraña moita complicación. De feito, a querela presentada pola Fiscalía son apenas 30 folios, máis a documentación achegada en formato dixital sobre a venda de cada un dos pisos.


Elena Seijo
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-04-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal