Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A choiva obriga a suspender procesións en Viveiro e Ferrol
As principais procesións galegas non puideron saír por mor da choiva. As precipitacións desluciron os principais actos do Venres Santo en Galicia. En Ferrol e en Viveiro é onde máis se sentiu, aínda que tamén se tiveron que suspender as procesións previstas en Ourense ou Carballo, por exemplo.
O mal tempo obrigou a suspender as dúas procesións da madrugada do Venres Santo en Viveiro. A procesión do Prendimiento, que tiña que saír ás dez e media da noite, tivo que ser suspendida cen metros despois de saír debido á choiva. Tampouco puido completar o seu percorrido a procesión Penitencial da Redención, cos pasos de Ecce-Homo da Misericordia e o paso da nosa Señora da Clemencia. Estiveron a esperar durante unha hora e ao final tan só puideron realizar un percorrido duns cen metros ata unha nave onde gardaron as imaxes.
Igualmente, en Ferrol a tarde foi moi chuviosa, polo que tiveron que ser suspendidas tres procesións. No entanto, celebrouse unha cerimonia relixiosa, aínda que no interior da concatedral de San Xulián.


ELena Seijo
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-04-2012 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal