Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ano de peregrinaxe
«Este ano foi espectacular; moita máis xente que o ano pasado e incluso máis que no último ano Xacobeo». Así resumía Carlos Padrón, un dos encargados do albergue de peregrinos da capital ourensá, a afluencia de caminantes que fixeron noite nestas instalacións durante esta Semana Santa. O albergue ourensán, que conta con 38 plazas mais catro para discapacitados, acolleu durante os primeiros cinco días da semana festiva a 38, 30, 38, 40 y 20 usuarios, respectivamente. Cifras que están moi por enriba da media habitual de ocupación durante esta época do ano que, pola inestabilidade climatolóxica, adoita rexistrar menos camiñantes que no verán.

En canto ás procedencias deses peregrinos, Alemania é o país extranxeiro que máis aporta, mentras que entre os peregrinos españoles, Andalucía, Madrid, Extremadura, Cataluña, País Vasco, Castilla León e Cantabria son as comunidades que máis peregrinos traen.

A hostelería al 50 %

Bastante menos satisfeitos están coa evolución da semana os hosteleros ourensanos. De feito, o presidente da federación, Ovidio Fernández Ojea colocaba onte por debaixo do 50 % o nivel de ocupación do sector na provincia e lamentaba «o interés que teñen algúns en engordar as cifras, que supoñen que responde a estratexias políticas, pero non a realidade».

Para o presidente da Federación Provincial de Hostelería «é ridículo pensar que se en Santiago están ao 60 % aquí estemos ao 80 %; o que non quere dicir que haxa algún hotel que este cheo ou incluso máis dun, pero nós temos que falar da media, e a media non chega a ese 50 %; e oxalá o alcancemos antes de terminar a semana».

MAGDALENA SEPA VÁZQUEZ 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-04-2012 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal