Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEGUE O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, asegurou este mércores que o Centro Dramático Galego (CDG) continuará coa súa actividade no que queda de lexislatura e deixa en mans da próxima dirección o futuro da produción 'As Furias ', que tiña previsto estrearse en setembro.
Tras a presentación do ciclo 'Galicia, ceo de Letras ', que se desenvolverá na Cidade da Cultura ao longo de 2012, Lorenzo incidiu en que o CDG "foi, é e será o estandarte do teatro público galego".
"O CDG é unha peza central para a Xunta e non hai ningunha dúbida de que continuará coa súa actividade no que queda lexislatura e tamén no futuro, xa que non creo que ningún responsable político pense que o CDG é prescindible", manifestou.

Así mesmo, Lorenzo asegurou que a Xunta xa está a traballar para nomear un novo director que "terá que ser unha persoa competente" na xestión humana, económica e, por suposto, artística". "O importante é que o centro xere cultura e que se saiba traballar cun grupo humano tan importante como o que ten o CDG", explicou.

A respecto da produción do centro 'As Furias ', que tiña previsto ser estreada en setembro, o secretario xeral delegou toda a responsabilidade na futura dirección. "O próximo director será o encargado de tomar as decisións sobre a programación e sobre o presuposto dispoñible para cumprir ou non ese acordo", explicou.

As declaracións do secretario xeral prodúcense días despois da destitución como directora do CDG de Blanca Cendán, quen asegurou que o centro "corre o risco de desaparecer", tras os recortes presupostarios realizados pola Xunta.

Tras a manifestación celebrada o martes pola 'Plataforma das Artes Escénicas' na que, entre outras cuestións, o colectivo esixiu á administración o pagamento das débedas que ten contraídas co sector, Lorenzo asegurou ser "tremendamente respectuoso" e aclarou que a Xunta "está a pagar todo o que debe". "Este ano estamos a proceder a pagar débedas de 2011 pero o sector ten que saber que o estamos a facer", indicou.
Sobre a polémica xurdida tras as declaracións do alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa, nas que afirmaba que o cómico Leo Bassi prodúcelle "especial repugnancia", Lorenzo explicou que "son asuntos do concello de Santiago" nos que a Xunta "non ten nada que ver". "Son as opinións do alcalde e eu non teño nada que dicir sobre o tema", sentenciou.



María Álvarez Álvarez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-04-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal