Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG leva ao pleno un texto alternativo á lei de axustes a funcionarios
O Grupo Parlamentario do BNG leva ao próximo pleno unha proposición de lei que se presenta como texto alternativo á Lei de medidas de axuste para emprego público. Con el, preténdese "recortar en propaganda" e aforrar coa supresión de delegacións territoriais, ao tempo que aumentar a recadación cun novo tramo do IRPF ou o restablecemento íntegro do imposto sobre o patrimonio. En total, poderíanse ingresar ata 100 millóns de euros, segundo os cálculos dos nacionalistas. Na súa iniciativa, os nacionalistas piden derrogar o texto aprobado na Cámara galega e iniciar un proceso de "diálogo e negociación" cos representantes dos traballadores públicos para elaborar unha alternativa "que permita reducir gasto público superfluo e xerar máis recursos públicos". Este texto --composto por nove artigos dúas disposicións adicionais, unha derrogatoria e outra final-- pide a supresión das delegacións territoriais, a eliminación de todos os gastos de propaganda aos que non estea obrigada a administración pola normativa de contratación ou pola necesaria publicidade de procesos públicos; e a supresión definitiva do coñecido como plus de altos cargos. Ademais, estipula que non serán renovables as licenzas con empresas subministradoras de software propietario, de forma que o Goberno galego terá a obriga de implantar de forma progresiva soportes baseados en tecnoloxías con software libre, coa excepción daqueles soportes altamente especializados.

Rocío Fernández 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-04-2012 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal