Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PSdeG esixe á Xunta que presente
A voceira do Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, esixiu "de xeito inmediato" á Xunta que "faga aquilo que é a súa responsabilidade", e se reúna cos veciños dos municipios afectados polo lume que afectou ao parque natural das Fragas do Eume --no que segundo estimacións do Goberno galego arderon unhas 750 hectáreas--, cos propietarios e "os propios concellos" co fin de "explicarlles cál vai ser a súa actuación para rexenerar a zona danada".
"É o momento de pasar das palabras á acción", deste modo emprazou Carmen Gallego ao Goberno de Núñez Feijóo a adoptar medidas concretas para rexenerar o parque natural das Fragas do Eume, posto que "ata agora só téñense declaracións acerca dos incendiarios", pero "ningún plan concreto, data para iniciar os traballos ou presuposto, é dicir, ningunha concreción".
Tras destacar que "afortunadamente" esta semana houbo chuvias débiles na zona, alertou de que "pode ser" que a semana que vén se incremente a forza das precipitacións "e o dano que se produza polo arrastre e a erosión no terreo sexa maior". Así, considera "urxente e prioritario" que a Xunta "comece a actuar xa" e que o faga de forma "consensuada" cos afectados da zona.
Pola súa banda, o presidente do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, advertiu que espera que a Xunta "adopte medidas nesta dirección de inmediato". "Non podemos esperar a que veñan ventos, a que vinga chuvias máis fortes, e sobre todo a que a xente se farte deste tipo de situacións, os alcaldes e os veciños necesitan ter respostas", sentenciou.
En concreto, Caamaño avanzou que como deputado preguntará qué tipo de medidas adoptará o Goberno de Mariano Rajoy para axudar a este singular parque natural galego, pois no Congreso xa "se aprobaron decretos lei" no pasado "para apoiar a este tipo de situacións", polo que espera do Executivo central teña "este tipo de dispoñibilidade".

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-04-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal