Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un grupo de autores galegos únese á lista de Reixa para dirixir a SGAE
Esta candidatura «unitaria, profesional e independiente», según os seus membros, ten por obxectivo «recuperar os fins primordiais que deben rexer unha sociedade de xestión de dereitos de autor»
Máis de 400 autores, entre os que figuran os galegos Luís Tosar, Manuel Rivas, Jorge Coira, Julián Hernández, Bieito Romero e Miguel Costas, e aos que se uniron tamén nomes como Alejandro Sanz, Sergio Dalma, Isabel Coixet, Jaime Urrutia, Fernando Colomo, Sergi Belbel ou Kepa Junquera, adheríronse á plataforma Aunir (Autores Unidos pola Refundación), que lidera Antón Reixa, para as próximas eleccións á SGAE.
Artistas, escritores, directores de cine e músicos explicaron nun comunicado que os motivos que xeneraron «tantas adhesións» entre os autores «deben buscarse entre os compromisos dos integrantes de Aunir: mellor recaudación, maior proteción aos socios e recuperación de «a bóa imaxe».
Outros artistas que respaldan esta opción son Álvaro Sáenz de Heredia; Andreu Martín; Daniel Calparsoro; David de María; Enrique Simón; Guillermo Heras; Jesús Ordovás e José Luis Alonso de Santos, entre outros.

Sara Álvarez González
1º A Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2012 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal