Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha curtametraxe galega gaña o certame internacional de 7 billion actions
«Un tipo cualquiera», a cortometraxe do compostelán Pedro Díaz, foi un dos tres gañadores do certame internacional organizado por 7billionactiones. Presentáranse unhas duascentas cintas pero un xurado profesional elixiu aos dez finalistas que se someteron ao veredicto do público, a través de Facebook. O de Pedro Díaz foi o único corto español finalista e conseguiu o premio, valorado en 4.000 euros.

Dirixida polo compostelán Pedro Díaz, a curtametraxe trata a desesperación de avellentar só e empobrecido, faciendo referencia a unha historia do debuxante Carlos Giménez e bebendo de escenas moi próximas ao neorrealismo italiano de Vittorio de Sica. Xunta Díaz, licenciado en Comunicación Audiovisual en Santiago, estudante de dirección de cine en Barcelona e natural da pequena aldea de Proupín, en Ames, traballaron cóbaddo con cóbado outros dous galegos: na edición, Sergio Rodríguez Fernández, vigués co que coincidiu na facultade de Santiago e o coruñés Alejandro Almau, compositor da banda sonora orixinal da cinta «Night will come».

O actor catalán Armando Aguirre Bertolín lidera o reparto de «Un tipo cualquiera», despois de traballar no cinema, varias series da televisión catalá e ser recoñecido no mundo teatral con diferentes distincións e premios.

Aida González Vázquez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-04-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal