Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fragas do Eume: Unha reliquia do pasado, un futuro incerto.
O termo “fraga”, na lingua popular galega, fai referencia aos denominados bosques atlánticos europeos: bosques mixtos de frondosas dominados por carballos, castiñeiros, en mescolanza con outras especies perennifolias como o acivro ou tello. O conxunto de ladeiras e montes que acompaña al río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña ainda conforma, desde tempos inmemoriales, unha fraga única, considerada como a maior e mellor representación dos bosques atlánticos en toda Europa. Un total de 9.125 hectáreas entre as que se incluen paisaxes máxicos e emplazamentos de lenda, que conforman o Parque Natural Fragas do Eume, o último bosque atlántico.

Sobre este espazo protexido deronse as condicións favorables para o desenvolvemento dunha vexetación densa e tupida onde ainda se conservan algunhas especies de gran importancia bioxeográfica. Os dous factores principais foron a estabilidade do clima atlántico, húmido e suave, e a influencia do relevo, que deu lugar a frondosas ladeiras, esplendorosos hábitats ribeireños e a impenetrables vales encaixados. Isto é o que permitiu a existencia da cuberta vexetal propia e única das Fragas, actuando como un dos mais importantes refuxios da flora do litoral atlántico. Místicas carballeiras de conto agochan entre o seu esplendor certas sorpresas, como algunhas especies mediterráneas que encontraron resgardadas durante as glaciacións no cálido canón costeiro do Eume, así como a unha importante biodiversidade faunística e a unha enorme riqueza de musgos e líquens.

Pero o gran segredo das Fragas gardase nas marxes dos cursos da auga, os bosques de ribeira. Maxestuosas alisedas ao longo do río Eume e enigmáticas árbores entre os leitos mais abruptos conservan ecosistemas de incalculable valor natural con un alto número de especies ameazadas de moi escasa distribución, como a salamandra entre outros, catalogados a nivel mundial na UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) debido a súa vulnerabilidade, ou alguns fieitos únicos altamente sensibles a alteración do seu hábitat, xoias botánicas e reliquias de tempos milenarios, rexistrados na Directiva de Hábitats de 1992 da Unión Europea.

Lamentablemente, o impacto das actividades humanas aumentou en gran parte a extensión destes bosques, ameazando a viabilidade dalgunhas das especies de maior singularidade biolóxica. Neste sentido, a fragmentación foi moi intensa debido a alta densidade de poboación humana do entorno e a forte presión que exerceu sobre estos hábitats. Ademais, o minifundismo favoreceu un uso moi heteroxéneo do solo. A partir da segunda metade do século XX, introduciron unha plantación de eucalipto a gran escala para a produción de papel, modificando e fragmentando os hábitats naturais con mais intensidade.

O bosque autóctono das Fragas do Eume perdeu ata un 20% de superficie nas últimas décadas e sufriu cambios sustanciais na súa configuración espacial, con un incremento da fragmentación. Os impactos que contribuiron a estes cambios son varios, pero por encima de todos destaca a progresiva expansión das plantacións de eucalipto, que triplicaron a súa extensión dende os anos 50. Na actualidade, o bosque autóctono cubre unhas 2.600 hectáreas, fronte as mais de 1.800 de eucalipto. A expansión desta especie, xunto a construción dun gran encoro, tamén tivo unha importante repercusión no bosque de ribeira. Este tipo particular de hábitat reduciuse un 34%, de 142 a 94 km de cauce. As plantacións de eucalipto contribuiron ademais a fragmentación do bosque de ribeira ao aumentar a distancia entre tramos ribeireños có bosque.

Ainda que a declaración do parque natural freou este proceso, non serviu para deter novas ameazas, como a colocación dunha líña de nova tensión a través da zona protexida, a apertura dunha mina a ceo aberto de andalucita a poucos metros dos seus límites e, agora, un tráxico incendio que queimou zonas de altísimo valor medioambiental. Ainda que é pronto para facer valoracións sobre os impactos, as Fragas enfrentanse a un futuro incerto. Resulta obvio que as 370 hectáreas de monte autóctono queimadas perderonse e tardarán en recuperarse e existe risco de que o eucalipto siga extendéndose. No mellor dos casos posibeis, o dano é considerable. A avaliación real dos danos dependerá das zonas danadas e do seu grado de afeción. Si o lume entrou nos vales mellor conservados falaremos dunha catástrofe ecolóxica de dimensións incalculables.

Controlado o lume, os esforzos conservacionistas deberían centrarse en retirar as cinzas antes de que caian choivas intensas, xa que boa parte do solos queimados irían parar ao Eume contaminando este primeiro e a ría de Pontedeume despois, con resultados fatais para a flora e fauna mariñas. Asimesmo a retirada do horizonte orgánico do solo podería ser un problema para a reforestación das zonas mais danadas. As choivas de pouca intensidade facilitarían sen embargo o desarrollo de fentos e de outras prantas de crecemento rápido. Enfrentámonos así a paradoxa das precipitacións, tan extraordinariamente escasas en Galicia nos últimos meses, o que favoreceu a expansión do lume, pero tan potencialmente nocivas nos próximos días. Os galegos, unha vez mais, volveremos mirar ao cielo, porque as paisaxes de cores cambiantes e os seus emporios de biodiversidade, reliquias do pasado, enfrentanse a escenarios do futuro incerto.


Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-04-2012 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal