Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unión contra os incendios
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, afirmou que o consorcio provincial contra incendios e de salvamento da provincia de Ourense estará constituído este ano -xa existen nas outras tres provincias- e indicou que integrará os consorcios comarcais xa existentes cunhas condicións 'homoxéneas' de prestación de servizos e de traballo.

Villanueva respondeu así a unha pregunta do deputado do PSdeG Juan Carlos Francisco Rivera na Comisión Institucional sobre o desenvolvemento da lei de emerxencias e engadiu que o Goberno galego negocia coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) o mapa de emerxencias da comunidade, que 'podería estar pechado' se o anterior goberno 'fose nesta liña', recriminou.

O autor da iniciativa parlamentaria puxo en dúbida que o problema para constituír o consorcio provincial de Ourense sexa a elaboración dos estatutos e preguntou se 'non terá que ver con disputas políticas e coa 'insistencia de Baltar de facer un PP alternativo en Ourense'. '¿Non terá que ver con que Baltar e Roda non son capaces de poñerse de acordo?', cuestionou e advertiu de que 'os que están a pagar son os cidadáns de Ourense'.

Así, o socialista acusou o Goberno galego de estar descoordinado en materia de emerxencias e referiuse ao incendio das Fragas do Eume, no que algunhas voces protestaron porque 'a UME non recibía ordes' para apagar o lume' e considerou que houbo 'falta de mandato da Xunta'.

Villanueva, na súa resposta, expuxo que a Xunta está a elaborar a regulación das condicións laborais e profesionais dos traballadores dos servizos contra incendios e de salvamento da comunidade e que mantiveron reunións cos representantes dos bombeiros.


Ademais, acusou o goberno anterior de non actuar con 'eficiencia' e sostivo que, de facelo, habería dez parques de bombeiros máis en Galicia na actualidade.

FORMACIÓN NA EGAP

Por outro lado, o director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, contestou a outra pregunta na comisión sobre as actividades formativas e avanzou que o programa para o persoal de Xustiza en 2012 ofrecerá por primeira vez itinerarios formativos, a través dos que os empregados públicos se poderán especializar nunha área concreta. Este primeiro ano será a de dereito social.

Ademais, Figueroa indicou que en 2011 a EGAP desenvolveu 49 edicións formativas, con 1.945 prazas e 1.274 horas de duración, destinadas ao persoal funcionario dos corpos xerais da administración de Xustiza de Galicia, que son unhas 2.700 persoas.

LAURA IGLESIAS VIDAD 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2012 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal