Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha curta galega gaña o certame internacional de 7 billion actions
«Un tipo cualquiera», a curtametraxe do compostelán Pedro Díaz, foi un do tres gañadores do certame internacional organizado por 7 billion actions. Presentáronse unhas duascentas cintas pero un xurado profesional elixiu os dez finalistas que se someteron ao veredicto do público, a través de Facebook. O de Pedro Díaz foi a única curta español finalista e conseguiu o premio, valorado en 4.000 euros.

Dirixido polo compostelán Pedro Díaz, a curtametraxe trata a desesperación de envellecer só e empobrecido, facendo referencia a unha historia do debuxante Carlos Jiménez e bebendo de escenas moi próximas ao neorrealismo italiano de Vittorio de Sica. Xunto a Díaz, licenciado en Comunicación Audiovisual en Santiago, estudante de dirección de cinema en Barcelona e natural do pequeno pobo de Proupín, en Ames, traballaron de xeito conxunto outros dous galegos: na edición, Sergio Rodríguez Fernández, vigués co que coincidiu na facultade de Santiago e o coruñés Alejandro Almau, compositor da banda sonora orixinal da cinta «Night will come».

O actor catalán Armando Aguirre Bertolín encabeza a repartición de «Un tipo calquera», despois de traballar no cinema, varias series da televisión catalá e ser recoñecido no mundo teatral con diferentes distincións e premios.

Elena Corral 1º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-04-2012 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal