Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia, a segunda comunidade con máis investimento no 2012
O investimento do sector público estatal nas comunidades autónomas superará este ano os 15.500 millóns de euros, cifra case un 25 % inferior á de 2011. Só crecerá no País Vasco e en Galicia. A comunidade recibirá 1.706 millóns. É un 9,48 % máis que no 2011 que a sitúa como a segunda no ránking absoluto, só por detrás de Andalucía, grazas aos investimentos previstos para o AVE.

O tren de alta velocidade recibe algo máis de 1.000 millóns dos Orzamentos: 701 para o Ourense-Olmedo-Zamora da conexión con Madrid; e 312 para a finalización do Eixo Atlántico.

Da cifra total, Andalucía segue sendo a comunidade máis beneficiada, con 1.851 millóns de euros, aínda que a redución respecto do investimento en 2011, tal e como figuraba no proxecto de orzamentos dese ano, é do 37,7 %.

Ademais de en Galicia, só sobe o investimento no País Vasco -en concreto un 17,35 %, ata os 521 millóns de euros.

Sara Carroceda González, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-04-2012 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal