Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A nosa Galiza morre entre labaradas
Un dos maiores tesouros da Europa atlántica, as Fragas do Eume, o derradeiro bosque atlántico intacto e case sen perturbacións do home, morre! , está morrendo baixo as labaradas pola neglixencia e pasividade dos políticos; sabemos dabondo que ao pobo galego non lle interesa protexer o idioma de seu, aínda que é o que o mantén como pobo diferenciado, mais tampouco lle interesa protexer a súa Terra, esa que caracteriza aos galego polo mundo adiante como montañosa e verde e fonte da nosa eterna morriña? Até onde chega a autoxenreira?

A Xunta de Galicia cifrou en máis de 500 as hectáreas afectadas polo incendio que se declarou durante a tarde de onte no parque natural das Fragas do Eume (A Coruña), de alto valor ecolóxico, que se mantén activo cun nivel de alerta 1, o máis elevado, pola proximidade das chamas as vivendas.

A Consellería de Mar e Medio Rural, nun comunicado difundido esta mañá, facía unha nova estimación "provisional" da superficie afectada polo lume que se orixinou onte a media tarde no municipio coruñés da Capela, entre As Pontes e Pontedeume.
Pola súa banda, o alcalde da Capela, o socialista Manuel Meizoso, en declaracións á Radio Galega asegurou que as chamas devoraron xa unhas 2.000 hectáreas.

Un total de 224 militares da Unidade Militar de Emerxencias (UME) traballan na extinción do lume xunto a vinte brigadas forestais, que contan co apoio de cinco helicópteros e catro avións, medios que, segundo a Xunta, iranse incrementando ao longo da mañá.

Unhas 200 persoas tiveron que ser desaloxadas onte pola tarde nas aldeas de Ou Coto, Vilariño, A Ribeira e Teixido, na Capela, onde inicialmente detectouse a primeira fronte dun lume que se avivou con rapidez polo forte vento, que non cesou de soprar durante o día e complicou o traballo das brigadas de extinción.

Fontes dos bombeiros do Eume indicaron a Efe que o incendio da Capela está "baixo control", pero indicaron que o lume se dividiu en varios focos, algúns dos cales cruzaron o río Eume e afectan á outra beira, no municipio de Vilarmaior.

A Xunta localiza outro foco na parroquia de Cabalar, na Capela, cunhas 100 hectáreas afectadas desde as 17:57 da tarde de onte.
Distintas fontes confirmaron que o incendio afectou gravemente ao parque natural do Eume, un bosque atlántico protexido que se estende por toda a conca do río Eume sobre unha superficie dunhas 9.000 hectáreas e un dos puntos máis visitados da comarca.
A Garda Civil mantén cortados desde onte os accesos ao parque natural e desaloxou o mosteiro de Caaveiro, un cenobio do século XII no alto dun montículo en pleno bosque que fora rehabilitado recentemente e que era un das paraxes máis espectaculares de Galicia.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-04-2012 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal