Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O colexio de xornalistas condena as "coaccións" aos traballadores da CRTVG
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa condena ao "asalto" ás instalacións da Compañía de Radio Televisión de Galicia en San Marcos, a primeira hora da tarde deste venres, por parte dun grupo de persoas que se identificaron como afectado polas preferentes. Así, o colexio, a través dun comunicado, quixo mostrar a súa "solidariedade" cos traballadores que "sufriron presións" e viron "invadido" o seu lugar de traballo.
Explica que "independentemente da comprensión que poida suscitar calquera colectivo afectado por unha situación destas características", e da "crítica lexítima" que se poida facer da liña editorial dun medio, "exercela desa forma é condenable e invalídaa de raíz".
Desta forma, o colexio defende que os criterios de elaboración da información "deben ser sempre profesionais" e advirte de que "pretender influír neles, sexa pola coacción física ou por intereses políticos ou económicos, é inadmisible".

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-04-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal