Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Música 'feita en Ourense'

A iniciativa 'Feito en Ourense', promovida pola Rexión, deu onte o pistoletazo de saída ofrecéndolle ao grupo ourensán 'Priscila' un escenario céntrico no que gozar e facer gozar a través da súa música.

Pasadas as sete da tarde de onte comezaron a soar os primeiros acordes de 'Café para dous', un dos temas do primeiro traballo de Priscila, catro mozos do Couto que, en 2006, xuntáronse co afán de facer boa música. Desde entón, pelexaron por facerse un oco no sector e atopar escenarios nos que actuar. Precisamente, co seu concerto de onte inauguraron unha nova proposta na que se pretende difundir o traballo dos artistas ourensáns: 'Feito en Ourense'.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Rexión, converte as instalacións da Librería Centro Comercial Paseo nun punto de encontro para música, artes escénicas ou conferencias. E o público parece responder. Onte, o espazo habilitado encheuse e ata algúns asistentes sentaron polas escaleiras. Visto o éxito, continuará aproveitándose esta localización estratéxica como plataforma para os novos valores, novos artistas, intérpretes ou grupos como Priscila.

Entre 'Ven ao baño a bailar' ou 'Cada sete de abril' foron sucedéndose ata 10 temas, algúns deles inéditos compostos durante 2012, e o bo número de asistentes quedou enganchado ao ritmo da banda.

As actuacións de 'Feito en Ourense' dan tamén a oportunidade de ampliar público, xa que todas serán gratuítas, configurándose como unha alternativa de lecer para todos os petos. Deste xeito, ademais do público fiel de cada protagonista, tamén resultará atractivo para aqueles que sentan curiosidade.

José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-03-2012 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal