Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A situación do paro centrará a sesión de control do pleno
A medidas que adoptará o Goberno galego para favorecer a creación de emprego en Galicia e loitar contra o paro é as preguntas que deberá responder o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de control do último pleno do mes, no que se aprobarán dúas leis, a de protección ás persoas consumidoras e usuarias e a Lei do Deporte.
Ademais, nesta sesión plenaria, a primeira despois do Debate do Estado da Autonomía que os populares aseguraron que se tratou dun partido que "gañou" Feijóo e sobre o que non cabe "segunda volta", tamén estará protagonizada pola comparecencia do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen abordará as actuacións da Xunta para impulsar a cooperación municipal.
Precisamente, ese foi un dos asuntos en torno aos que xirou o debate de política xeral celebrado hai apenas dúas semanas co anuncio do presidente autonómico de que os concellos coruñeses de Cesuras e Oza dous Ríos tiñan intención de fusionarse.
En días pasados, o propio Rueda demandou "un grande pacto de Estado" para acabar co minifundismo local e facilitar as fusións entre concellos, se ben insistiu en que este tipo de iniciativas sempre debe partir da "voluntariedade" das entidades locais e apostou tamén por "outras fórmulas" de cooperación.
Non será a única comparecencia, posto que tamén a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, informará no pleno sobre as diferentes liñas de actuación da consellería en materia de xuventude, o balance de 2011 e a planificación para o presente exercicio.

RAQUEL IGLESIAS MEIRIÑO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-03-2012 07:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal