Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Política lingüística rexeita a intervención en procesos xudiciais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, rexeitou "interferir" en calquera proceso xudicial e, en concreto, no que afecta a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da Plataforma Queremos Galego, que foi denunciado polo xuíz decano Antonio Fraga Mandián por "aldraxes" debido ás críticas realizadas polo membro da asociación en defensa da lingua galega nas que reprobaba o mal uso do topónimo de A Coruña. Este xuíz protagonizou outras polémicas e, de feito, chegou a denunciar ao ex-voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, por recriminarlle o uso incorrecto de forma inconsciente do topónimo de A Coruña, unha demanda que finalmente foi desestimada.
Na Comisión de Cultura e Educación, o deputado nacionalista Bieito Lobeira pediu á Xunta que actuase neste caso, e considerou "desacertado" que sexa xulgada unha persoa que defende a lingua galega e o dereito a usar "o carácter oficial das cidades, vilas e lugares, mentres que Fraga Mandián ataca e vulnera a legalidade vixente da lingua galega".
A este respecto, Lobeira preguntou á Xunta se ten previsto dirixirse á Administración de Xustiza para recordarlle a lexislación vixente.
O deputado do BNG reiterou que se trata dun feito "extraordinariamente grave", xa que, constatou, estase a procesar xudicialmente a quen defende "o lexítimo dereito" a utilizar a lingua propia de Galicia, polo que cualificou de "desacato" proceder do xuíz decano de A Coruña.

Na súa resposta, o secretario xeral de Política Lingüística explicou que a Xunta "non pode interferir en ningún proceso xudicial", se ben indicou que, como se trata dun asunto cun matiz lingüístico, si se pediu "un informe" á Dirección Xeral de Xustiza.
Ademais, aseguroulle a Bieito Lobeira que os xuíces "coñecen perfectamente" a lexislación en materia lingüística, polo que declinou a recomendación do deputado de recordarlla. Dito isto, manifestou que haberá unha sentencia que "todos terán que acatar", tanto o demandado, Carlos Callón, como o demandante, o xuíz Antonio Fraga Mandián.

Por outro lado, destacou que a Xunta si está a realizar actuacións para impulsar o uso da lingua galega no ámbito da Xustiza e, proba diso, sinalou o impulso de varios cursos (catro novos en liña e tres de linguaxe xurídica este ano), a próxima publicación do diccionario xurídico, a revista xurídica en galego ou a sinatura dun convenio coa Fiscalía Xeral do Estado.

MARÍA ÁLVAREZ 2ºA BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-03-2012 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal