Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A capa de invisibilidade, cada vez máis preto

Os cientificos non saben aínda como facer unha auténtica capa de invisibilidade como a de Harry Potter, é dicir, algo que agoche todo o que haxa no seu interior aos ollos dos demáis. Pero xa están un paso máis cerca. O máis recente e significativo avance neste campo chega agora da man dun equipo formado por expertos españois (responsables da parte teórica) e eslovacos (responsables de facer os experimentos) que lograron facer un cilindro invisible para o campo magnético e, polo tanto, converte en indetectable todo o que leve dentro. A luz é unha onda electromagnética, recordan os investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona, o que fai máis dificil lograr este efecto de invisibilidade ante a mirada dun observador, pero non é imposible, e o novo dispositivo, que se presenta na revista Science, é un paso nesa dirección.

É certo que non é o primeiro logro en facer indetectable un ebxecto pero ata agora os resultados eran limitados, este novo avance ofrece boas prestacións e funciona incluso baixo campos magnéticos moi fortes e a temperaturas non excesivamente baixas. Ademais, pode ser relativamente sinxelo de fabricar e de desenvolver en aplicacións. Por exemplo, unha capa de invisibilidade magnética sería moi útil para apantallar un marcapasos o determinados implantes auditivos cando a persoa deba someterse a un examen por resonancia magnética nuclear.


Ana Ortiz Pérez
2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-03-2012 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal