Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Coruña abre o Ágora co reto de dótalo de contido cultural
O Ágora alzará mañá definitivamente o pano. Despois de tres anos de obras, abrirá as portas co reto aínda pendente de dotar de contido un edificio que o Concello da Coruña pretende converter na bandeira cultural da cidade, sumando este carácter á vertente social, a outra pata do espírito da infraestrutura.

Deste xeito, enmárcase na rede de centros cívicos da Coruña, apostando precisamente polo Agra do Orzán, un dos barrios ata o momento que peor dotados estaban nese sentido.

A concelleira de Cultura, Ana Fernández, expresou o seu desexo de que o complexo sirva como plataforma para a experimentación artística e a promoción da cultura na cidade. Nese sentido, apostou por un mozo para a dirección, José Luis Rodríguez, que provén do mundo da arte.

Por agora, o centro xa oferta varios talleres e programas que van desde a literatura ao cine, pasando pola gastronomía ou o teatro.
Todo iso se desenvolverá dentro dun edificio bautizado como A montaña máxica. Obra dos arquitectos Luis Rojo , Begoña Fernández-Shaw e Liliana Obal, aséntase nunha parcela de 10.250 metros cadrados. Destes, 4.404 son para o edificio, que ten soto, semisótano, planta baixa e un piso.

Este contén unha biblioteca (cuxa zona para adultos non funcionará ata o verán por falta de fondos) e un auditorio con capacidade para 549 persoas, que xa acolleu en maio do 2011 a actuación de Diamanda Galás.

Laura Iglesias Vidal 2º BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal