Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Valentín García estrénase como secretario xeral na RAG

O recientemente elexido oevo secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, realizou onte a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega, onde mantivo un encontro co seu presidente, Xosé Luis Méndez Ferrín.

Na reunión, que tivo lugar na sede da RAG en A Coruña, tamén estivieron presentes os membros da comisión executiva da entidade Xosé Luis Axeitos, secretario; Manuel González González, tesoureiro e Francisco Fernández Rei que é o vicesecretario da institución.

Durante a visita o presidente da RAG trasladoulle a Valentín García información sobre o estado dos proxectos que se están desenrolando no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ademáis no encontro intercambiáronse puntos de vista sobre as iniciativas a favor da lingua que se impulsan dende ambas institucións.

A de onte foi o primeiro acto institucional de García no marco das súas novas atribucións, despois de sustituir a Anxo Lorenzo, trala primeira e derradeira remodelación que sufriu a principios de ano o Goberno galego. A saída do Executivo autonómico de varios conselleiros con destino Madrid provocou varios movementos. Entre eles, a fusión da Consellería de Cultura coa de Educación e Ordenación Universitaria, o que a súa vez provocou que Lorenzo fose nomeado director xeral de Cultura, deixando o seu posto a Valentín Gómez.

ANDREA ESTÉVEZ 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2012 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal