Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As galerías galegas amplían os seus espazos expositivos en Arco

Galicia volverá estar representada en Arco por tres galerías, SCQ, Adhoc e Bacelos, que renovaron a súa aposta por esta feira de arte contemporáneo desafiando á crise e ampliando o seu espazo expositivo.

É o caso da galería compostelá SCQ, que contará cunha caseta de 106 metros cadrados, o máis importante da súa historia na feira. «Intentamos manter a calidade nos artistas e a nivel expositivo, sen caer no low coste sen malgastar», explican os seus responsables, que acoden á cita madrileña coas «expectativas moi altas».

O certame do 2012 celebrará o seu 31.ª edición do 15 ao 19 de febreiro en Madrid e a súa principal novidade é que cada galería debe presentar un artista destacado e edítase, aparte do catálogo xeral, outro no que só aparecen os seleccionados.

SCQ dedicará a súa sección ao escultor portugués Rui Chafes como artista destacado. Ademas, levará obra de artistas como Winter & Hörbelt, Fernando Sinaga, Corban Walker, Natalia Stachon, Tobias Lehner, Iran do Espírito Santo, Dan Graham e Pedro Calapez.

A galería viguesa Bacelos, que dirixe Pepa Montesinos, tamén optou por tratar de rendibilizar a súa presenza facéndose máis visible. Deste xeito, a sala da rúa Progreso estará na nova edición de Arco cunha caseta de 70 metros, cando o do ano pasado tiña 40 metros. «Segue sendo igual de caro, pero decidimos apostar por un espazo maior para levar máis oferta e porque, ademais, temos unhas pezas máis grandes que hai que lucir», explica Pepa Montesinos.

A súa galería estará en Arco 2012 con cinco artistas, dous máis que o ano pasado. Deles, repítese a presenza do fotógrafo coruñés Manuel Vilariño, Premio Nacional de Fotografía, e con el estarán, ademais, Miguel Palma, Íñigo Royo, Sebastián Romo e Laura Torrado. O portugués Miguel Palma é o creador destacado de Bacelos. O autor acode á feira cunha das pezas da serie de esculturas e obxectos na que traballa a relación entre o territorio mecánico e o artístico.

Selección de firmas

Bacelos e Adhoc continúan sendo as únicas galerías viguesas que acoden desde fai máis dunha década á feira madrileña, a cita máis importante do país coa arte contemporánea. O mérito non é pouco. A organización segue cun alto nivel de esixencia na selección de firmas que, por outra banda, non pode garantir máis que a reputación que supón estar presente no certame, pero non se traduce necesariamente en rendibilidade económica.

Adhoc, que dirixe Inés Ramiro, acode con Carme Nogueira como estandarte. A artista viguesa está nun dos mellores momentos da súa carreira creativa. Recibiu o ano pasado a Bolsa Marcelino Botín, este ano a bolsa do Centro Cultural Montehermoso de Vitoria e acaba de inaugurar unha intervención no Museo Sefardí de Toledo, dentro do proxecto1812-2012. Unha mirada contemporánea, organizado por Acción Cultural Española en conmemoración do bicentenario da Constitución de Cádiz.

Xunto á obra de Nogueira exhibiranse pezas de Xoán Anleo, Jasmina Cibic, Suso Fandiño, Enrique Lista, Rubens Man e Jorge Perianes, que repiten coa sala viguesa, aínda que acode con catro nomes menos que o ano pasado.


JULIÁN IGLESIAS 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2012 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal