Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sete de cada dez aldeas perderon poboación durante o último lustro
A perda de habitantes continúa sendo un dos principais problemas demográficos que afecta á maioría dos núcleos da comarca. Tanto é así que, durante os últimos cinco anos, un total de 769 entidades de poboación das 1.082 existentes nos once municipios de Barbanza, Muros e Noia viron reducido o seu número de residentes. Esto supón que algo máis do 70% dos lugares da área barbanzana fóronse despoboando, en maior ou menor medida, dende o 2006.

Desa extensa relación de localidades nesta situación hai casos especialmente significativos, como son as poblacións de A Pobra e Muros, que viron recortado o seu vecindario en 157 e 138 personas, respectivamente, o que as sitúa como as capitais municipais nas que máis descendeu o censo.

Das estadísticas do INE despréndese que en 27 aldeas da zona non reside, a día de hoxe, ninguna persoa. Son os casos de O Foxo, en Porto do Son; Sande de Arriba en Outes o das aldeas de A Torriña e Ponte Barbanza en Noia e A Pobra, respectivamente.

É canto menos preocupante o que está a ocorrer co abandono das aldeas e non é difícil empezar a plantexarse que de aquí a uns anos isto se agrave pois o problema non ven soamente desta comarca. ¿Ata onde chegará o cambio do rural por unha vida na cidade?

Sara Álvarez González 1º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-01-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal