Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dinamizar un museo baleiro.

O Museo Galego do Viño (MGV) naceu como o proxecto dun centro especializado na cultura tradicional relacionado co cultivo da vide e a elaboración deste produto, a súa pegada no territorio e o patrimonio material e inmaterial relacionado con esta cuestión. O novo centro dependerá do Museo Etnolóxico de Ribadavia (á súa vez xestionado desde a Consellaría de Cultura) e estará situado no mesmo concello, en concreto na Reitoral de Santo André de Camporredondo. Aínda que estaba previsto que o centro abrise as súas portas xa a comezos de 2010, a falta de investimentos para realizar a montaxe museográfica ten desde aquela paralizado o proxecto. Segundo lembra Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico, “logo de dous anos de parálise, a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, auxilida informativamente por técnicos do Museo e sectores sociais da Comarca e de Ourense” iniciou contacto coa Xunta para “manifestar o seu desacougo diante do horizonte que se albiscaba”

desde o Museo Etnolóxico están a preparar “unha pequena exposición sobre o proxecto arquitectónico e museográfico o MGV, que intentamos ter preparada para os vindeiros meses”. Ademais “está a piques de saír do prelo un libro sobre catalogación dunha escolma de fondos da colección vitivinícola do Museo Etnolóxico, que se integrarán na exposición do MGV e que constitúe o número 1 dunha serie monográfica”. Estas serán só as primeiras de toda unha serie de accións que tanto o Etnolóxico como a Asociación de amigos queren desenvolver ao longo de 2012.Mentres, no Museo continúan co traballo de obtención e traslado de pezas para fondos do futuro centro e na revisión do proxecto museográfico.

A historia do MGV vén de longo comeza xa en 1996, cando o Etnolóxico de Ribadavia comeza as negociacións para conseguir que o arcebispado ceda á Xunta da Reitoral de Santo André con vistas a instalar alí o novo equipamento. No 97 asinouse o convenio, entre 2003 e 2004 desenvolvéronse as liñas museolóxicas xerais e realizáronse diferentes estudos xeográficos, antropolóxicos, historiográficos, filolóxicos e agronómicos para complementar o proxecto. En 2005, unha vez superados os pertinentes concursos e proxectos, a Consellaría de Cultura acordaba iniciar as obras de rehabilitación arquitectónica da reitoral con vistas a adaptala á súa futura función. En total foron 1.150.000 euros os que se investiron neste proceso. Canda a isto tamén se encargou a elaboración do proxecto museográfico do centro (150.000 euros) que a empresa E-Burbulla elaborou ao longo dese ano e que foi supervisado polo Museo Etnolóxico. Naquel documento, aprobado xa daquela, prevíase un prazo de nove meses para o equipamento do centro e a súa apertura, para o que cumpría un investimento de 1.551.000 euros. Segundo lembra o director do Museo de Ribadavia o proxecto implicou “16 anos de traballo constante e ininterrumpido” no que se inclúe desde a elaboración do proxecto e as reformas ata a adquisición de novos fondos temáticos desde o centro que dirixe, ou a catalogación e incorporación de bibliografía específica á biblioteca do mesmo.

Noelia Fernández Paradela nº5
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal