Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PARLAMENTO DESPIDE 2011 COA CONMEMORACIÓN DOS SEUS 30 ANOS
última semana na que habitualmente se concentra parte da actividade parlamentaria máis importante do curso acollerá, nesta ocasión, xornadas de intenso traballo con tres sesións, a que servirá para conmemorar os 30 anos desta institución, a que dará luz verde aos presupostos da Comunidade Autónoma para o próximo ano e, finalmente, un pleno ordinario no que, entre outras cuestións, comparecerán os conselleiros de Medio Rural e de Mar, para informar sobre a ampliación da Rede Natura e dos acordos no seo do Consello de Ministros de Pesca.
Así, esta semana parlamentaria comezará cun pleno solemne, este luns, no que está previsto que interveñan os voceiros dos tres grupos parlamentarios --Pedro Puy (PPdeG), Abel Losada (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG)--, así como a xefa do Lexislativo galego, Pilar Rojo.
Para Pilar Rojo, ao cumprirse 30 anos da vida do Parlamento de Galicia, queda acreditado que a Cámara "está consolidada como primeira institución da vida democrática da Comunidade Autónoma" e que se "esforza, a miúdo, por lexislar e buscar solucións, dende un espírito de concordia, aos problemas que máis preocupan aos galegos".

Ao acto deste luns foron invitados exdeputados que, ao longo destas tres décadas, ocuparon un escano no lexislativo autonómico, así como aos representantes das primeiras institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xa o martes, o proxecto de lei de presupostos subirá o último chanzo ata a súa aprobación despois de que se debatan de novo as emendas presentadas polos grupos da oposición a este texto lexislativo. Este proceso culminará o mércores pola mañá, día en que pola tarde empezará o pleno ordinario co debate final da Lei de Acompañamento aos presupostos de 2012.
Tras o trámite desta lei que modifica varias normativas galegas para a aplicación dos números presentados pola Consellería de Facenda, comparecerá o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, seguido da súa compañeira de Mar, Rosa Quintana. Informarán da ampliación da Rede Natura e dos resultados da negociación no seo do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea.

RAQUEL IGLESIAS MEIRIÑO
2ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal