Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN CENTENAR DE PERSOAS A FAVOR DO GALEGO
Un centenar de persoas concentráronse este xoves ante a sede do Valedor do Pobo para pedir a dimisión de Benigno López e denunciar que dende a súa chegada ao alto comisionado perpetrouse unha "auténtica caza de bruxas" contra o idioma galego, poñendo como último exemplo diso o escrito remitido á Consellería de Educación no que ditou unha recomendación contraria ao uso dun libro de texto no que unicamente se recollía o punto un do artigo cinco do Estatuto de Autonomía, en tanto en canto o seu contido "non fose corrixido".
Concretamente, o artigo cinco do Estatuto de Autonomía aborda distintos aspectos sobre as linguas en Galicia. O 5.1 di que "lingua propia de Galicia é a galega", artigo que se reproduce no libro de Coñecemento do Medio de Educación Primaria, da Editora Vicens Vives, no apartado de signos distintivos e Galicia.
Ante unha denuncia presentada na sede do alto comisionado por un militante de UPyD, Benigno López recomenda que a Consellería de Educación "adopte as medidas oportunas para que nos e utilice o libro de texto citado, en tanto o seu contido non sexa corrixido no sentido xa comentado (na exposición de motivos, e que sinala a necesidade de que o departamento que dirixe Jesús Vázquez "actúe dean o sentido de impedir con carácter inmediato que continúe trasladándose ao alumnado unha información inexacta e incompleta, e, polo tanto, falsa"), ademais de transmitir aos alumnos un coñecemento axeitado da regulación constitucional e estatutaria das linguas oficiais.
No artigo cinco, noutros apartados, recóllese que os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e de usalos (2); que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento (3); e que ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua (4).
Ante esta instancia do Valedor do Pobo, e despois de que a propia Consellería de Educación anunciase que se adoptarán medidas para que se envíen aos colexios anexos á páxina deste libro, varios colectivos como o BNG, CIG ou A Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse, convocados pola Plataforma Queremos Galego, na que se integran para denunciar esta situación.
Deste xeito, en declaracións aos medios, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez dixo que para el é "absolutamente lamentable" que as institucións de Galicia estean "en caza de bruxas permanente contra o idioma do noso país". "Nós demandamos ao señor Núñez Feijóo, que ten capacidade de facelo, que pare este despropósito, este absoluto insulto á intelixencia dos galegos", reclamou.
Pola súa banda, o voceiro da Plataforma Queremos Galego e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, argumentou a petición de cesamento ou dimisión do valedor, posto que, ao seu entender, "non está a cumprir coas obrigas do seu cargo". "Dende que foi nomeado, fixo declaracións contra o galego no ensino e na xudicatura, e agora apoiando tamén unha caza de bruxas contra o Estatuto de Autonomía, que recoñece no artigo 5.1 que o galego é a lingua propia de Galicia", incidiu.


María Álvarez Álvarez
2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal