Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cantabile pecha o Galicia Classics con «Dido e Eneas»

A edición do Galicia Classics 2011 concluirá cunha produción integramente galega, a posta en escena de Dido e Eneas, a obra mestra de Henry Purcell, que ofrecerá a coral xuvenil Cantábile en dúas únicas funcións, mañá en Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia, 19.00 horas) e o próximo día 27 na Coruña (Teatro Colón, 20.00 horas). Pablo Carballido dirixe a orquestra, mentres J. Carlos Guerra Silva asume a dirección de escena. Os decorados e o vestiario realizáronse na Coruña.

Henry Purcell (1659-1695) estreou Dido e Eneas nun internado para señoritas de Chelsea. O seu libreto débese ao dramaturgo Nahum Tate (1652-1715) e está baseado na Eneida de Virgilio. A ópera conta a historia de amor de Dido, raíña de Cartago, e Eneas, heroe troyano. Só hai catro papeis principais e unha gran profusión de danzas e coros. Nesta ocasión, os roles de Dido e Eneas recaen en membros da propia Cantábile, Alberto Miguélez (alto) e David González (barítono), respectivamente, dúas novas promesas do canto en Galicia.

É a primeira vez que Cantabile ten a oportunidade de realizar unha produción operística propia. «Trátase dunha proposta na que músicos, coro, cantantes, bailaríns e directores saíron de conservatorios e centros de formación galegos», explica Pablo Méndez, responsable da agrupación. «Nunca antes unha formación deste tipo afrontara un proxecto de tal envergadura en Galicia e esperamos que sexa o primeiro de moitos outros destas características». As entradas para A Coruña xa están esgotadas.

JULIÁN IGLESIAS 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal