Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O moañés Xosé Daniel Costas gaña o décimo Premio de Poesía de Novacaixagalicia
O poeta Xosé Daniel Costas Currás (Moaña, 1981) resultou gañador da décima edición do Premio de Poesía de Novacaixagalicia pola súa obra Monicreques.

O certame, organizado pola entidade financeira e o PEN Clube de Galicia, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase na colección Arte de Trobar, que na actualidade está composta por 18 volumes. A entrega do galardón se celebrará en primavera.

O fallo dérono a coñecer onte a representante de Novacaixagalicia, Paloma Vela, e o presidente do Centro Pen de Galicia, Luís González Tosar, que exerceu de presidente do xurado. O tribunal encargado de ditaminar a obra gañadora entre os 71 orixinais presentados estivo integrado tamén por Emma Pedreira, gañadora da 9.ª edición do certame; Ana Salgado, crítica literaria; Edelmiro Vázquez Naval, escritor; Antón Pulido, artista, e Xabier Castro como secretario.

O xurado, que elixiu o poemario de Costas por unanimidade, quixo destacar «a aposta arriscada por unha estrutura autenticamente novidosa, a teatralidade da mesma, un ritmo e unha musicalidade singulares e unha plasticidade que vai máis alá das imaxes e cromías para construír un mundo poético e pletórico de modernidade, que non por iso deixa de lado a tradición». O premiado forma parte da xeración máis nova de poetas galegos, é membro fundador da Lonxa Literaria de Moaña e autor doutras dúas obras que tamén obtiveron recoñecementos.


Laura Iglesias Vidal 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal