Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O hospital do futuro en Ourense
Esta iniciativa ten como obxectivo desenvolver tecnoloxías innovadoras médicas, a través dun conxunto de nove proxectos, de acordo co informe técnico, que incluíu o Sergas, que van desde unha nova forma de xestionar as urxencias ou unha innovadora planta de hospital, ata unha central enerxética baseada na explotación de recursos renovables para deseñar o hospital do futuro.
Segundo o informe a elección do CHOU como sede central do proxecto é debida a que ten a poboación mais envellecida da comunidade e unha alta dispersión ademais de contar cun parque tecnolóxico en expansión.
Este proxecto tamén axudará a favorecer o desenvolvemento socioeconómico da rexión. A todo isto súmaselle a necesidade de renovar o bloque de hospitalización, o que facilitará a integración de proxectos innovadores.
Non obstante, parte das actuacións tamén se desenvolverán no resto dos hospitais galegos. De feito, os servizos que se van deseñar só poderán probarse perfectamente en distintos ambientes: zonas urbanas, rurais e centros hospitalarios de distintos tamaños.
Como resultado destas investigacións obteranse novos produtos e servizos: camas intelixentes, localización inmediata de pacientes e profesionais, plataformas de xestión e cúmulo de grandes volumes de información sanitaria, canles de organización de medicamentos e o seu transporte as plantas e habitacións e equipos enerxéticos baseados nunha alta eficiencia.

YAGO EIREI 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2011 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal