Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BILINGÜÍSMO?
O pasado martes 13 de decembro publicábase nunha das páxinas do xornal delunsavenres unha noticia un tanto curiosa. Nesta enunciábase como o Valedor do Pobo, Benigno Álvarez, solicitou a retirada dun libro de texto de 5º de primaria no que se recolle o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, que sinala que "a lingua propia de Galicia é o galego". Así, A Mesa pola Normalización Lingüística, o BNG e o CIG solicitaron a destitución de López, ao considerar un "despropósito" a petición. Con todo a Consellería de Educación si atendeu ó requirimento do comisionado e remitirá un escrito á editorial Vicens Vives para que envíe aos colexios unha "addenda que complete o texto que foi omitido de xeito parcial", segundo Jesús Vázquez. O argumento que empregan tanto o Valedor do Pobo como a consellería é que o libro de texto "está incompleto, e polo tanto mente".
E que coma tantas veces, voltamos ó mesmo punto. Retroceso, desunión. Que un neno lea no seu libro de texto que o galego é a lingua propia de Galicia, non é ningunha mentira:
ARTIGO 5 (http://www.xunta.es/titulo-preliminar )
5.1 A lingua propia de Galicia é o galego.
5.2 Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
5.3 Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
5.4 Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Pois claro que o galego é a lingua propia de Galicia, de onde senón? É de Castela? Evidentemente que o castelán é cooficial, e ninguén di o contrario, mais hai que entender as cousas como son, e non sempre con esa visión de desunión. En ningún momento se dá a entender que o castelán non sexa oficial, e ningún neno por ler que o galego é a lingua propia de Galicia vai entender que non se fale o castelán... As linguas son un vehículo de comunicación, de unión, e non en armas de discriminación. Por outra banda se accedemos ó manual, http://www.cig-ensino.com/descargas/Medio%205%20Galicia.pdf ,comprobamos como na páxina 3 do pdf. se explica ós alumnos que o o castelán é a lingua oficial en todo o estado, e a continuación na seguinte páxina recóllese o artigo 5.1 do noso estatuto, explicando que noutras autonomías hai tamén outras linguas oficiais. A miña pregunta é, onde está a mentira?

Alba Muñoz López ( estudante de Grao en Lingua e Literatura Galegas)
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O punto sobre os is. U-la mentira? Nas páxinas reaccionarias dos media que converten o galego nun idioma fósil e ideoloxizado de extrema esq#blgtk08#uerda. Esa é a mentira e no entanto, pasa o tempo, esmorece o noso e amosámonos indiferentes, agás senlleiras excepcións. Bravo polo artigo!
Comentario por máster and comander (19-12-2011 04:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal