 Xosé Luís Méndez Ferrín abriu o congreso sobre Lois Pereiro asegurando que todos «os que tentan imitar a Pere Gimferrer acaban mortos» e o escritor catalán decidiu imitarse a si mesmo na conferencia inaugural do congreso que hoxe continuará en Compostela e mañá finalizará na Coruña. Unha lección inaugural na que colocou a Pereiro no centro do discurso europeo da lírica galega e lonxe de determinadas interpretacións que o situaban nos arrabaldes do malditismo.
Gimferrer estableceu un certo paralelismo en Rimbaud e Pereiro, un paralelismo de xuventude, desaparición prematura e «vontade de sintetizar todo nun mesmo impulso». O escritor apuntou que se podía colocar á poesía galega non centro do discurso poético de Europa desde vos trobadores e, nesa liña, «Pereiro escolleu a lingua na que escribiu e polo tanto elixiu a tradición na que quería colocarse».
Para Gimferrer que a RAG «celebre a Pereiro non é un contrasenso, máis ben ten o sentido do recoñecemento, da identificación coa tradición».
O escritor quixo apartar a Lois Pereiro da interpretación de malditismo. Para a súa argumentación apuntou dous nomes, Dylan Thomas e Henri Michaux. Nestes dous casos, segundo o académico, «Thomas elixiu o alcoholismo e Michaux as drogas como unha circunstancia que cambiou definitivamente a súa obra». Non caso de Pereiro, segundo Gimferrer, «non houbo elección porque ninguén elixe a colza e o que sucedeu despois foi unha consecuencia que influíu en Pereiro, pero non unha elección estética pola súa banda».
Gimferrer relacionou a Pereiro con outros dous nomes da poesía en relación coa morte e coa tensión que a poesía mantén co silencio, como José Ángel Valente e Paul Celan.
Reyes Lopez 2º Bach B |