Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A téxtil galega gañou 1.302 millóns nos nove primeiros meses do seu ano fiscal, un 10% máis
O grupo inaugurou 358 tendas en 45 países
Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.302 millóns de euros durante os nove primeiros meses do seu exercicio fiscal 2011-2012 (desde o 1 de febreiro ó 31 de outubro), o que supón un aumento do 10% respecto ó mesmo período do exercicio anterior, informou este mércores a compañía téxtil galega.
As vendas do grupo situáronse en 9.709 millóns de euros, cun crecemento tamén do 10% e do 11% a tipos de cambio constantes. A marxe bruta creceu un 9%, ata 5.784 millóns, e representou o 59,6% das vendas.
O beneficio bruto de explotación (Ebitda) foi de 2.217 millóns de euros, o que supón un aumento do 8% respecto ó mesmo período do exercicio anterior, mentres que o resultado neto de explotación (Ebit) situouse en 1.679 millóns, un 7% máis.
Os gastos operativos mantivéronse baixo "estrito control" durante o período, para finalizar cun crecemento do 10%, principalmente como resultado da nova superficie comercial aberta. Ao mesmo tempo, inclúense todos os gastos de lanzamento de novas tendas.
Respecto ao comezo do cuarto trimestre, o crecemento das vendas en tenda a tipos de cambio constantes entre o 1 de novembro e o 11 de decembro foi do 11%.
Inditex destacou que a campaña outono-inverno vén influenciada "significativamente" pola evolución das vendas durante a época do Nadal e as rebaixas de fin de tempada, debido ó elevado volume de vendas de dito período.

Sara Velasco, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal