Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta aproba o anteproxecto da Lei de Bibliotecas

A longamente agardada Lei de Bibliotecas de Galicia está finalmente chegando ao final do seu proceso de xestación.


O Consello da Xunta aprobaba esta mañá un texto no que, segundo o propio Goberno, quérese modernizar o sector e se aposta polo traballo en rede entre unhas bibliotecas centrais ben dotadas e centros de proximidade que acheguen os produtos culturais aos cidadáns. Entre as novidades o texto contempla a realización do Mapa de Bibliotecas, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a función da Biblioteca de Galicia como institución central do patrimonio bibliográfico do país, así como a transferencia da xestión das bibliotecas estatais á Comunidade Autónoma.

A visión destes centros como lugares de encontro con funcións de formación e aprendizaxe son tamén elementos transversais no texto da lei, segundo sinala a nota da Xunta. Entre outras apostas, prevese incidir na presenza das novas tecnoloxías nas bibliotecas, potenciar as bibliotecas municipais ou o desafío das bibliotecas dixitais.

Segundo sinala o texto, "o modelo de biblioteca para implantar rompe co concepto tradicional de biblioteca pública que a identificaba como un espazo exclusivo para estudantes ou como un almacén de libros".



ANDREA ESTÉVEZ 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal