Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta cede á RAG un dos Audi A8 comprado na época de Fraga

A Xunta decidiu ceder á Real Academia Galega (RAG) un dos vehículos de alta gama --un Audi A8-- que aínda forman parte do seu parque móbil, adquirido durante a época do expresidente Manuel Fraga.

Para iso, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde de cesión á institución que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín.

Xustifica esta decisión en que a RAG "non dispón de vehículo propio" a pesar de que as súas funcións "requiren a realización de desprazamentos varios", tanto para o traslado de membros da súa dirección como para "xestións ordinarias".

Así, a Xunta concédelle o uso deste vehículo durante un período non superior a cinco anos, prorrogable por períodos sucesivos de igual duración. Pola súa banda, o Goberno galego farase cargos dos gastos de "conservación, mantemento e reparación", mentres que a Academia correrá coas cotas do seguro.

Segundo indicou a Europa Press fontes da Xunta, trátase dun Audi A8 con 10 anos de antigidade, que actualmente se utilizaba como vehículo de incidencias para o Consello Consultivo.
Aínda que durante a pasada lexislatura foi utilizado polo conselleiro de Medio Ambiente, agora secretario xeral do PSDEG, Pachi Vázquez, o presidente Feijóo tomou a decisión de non viaxar neste tipo de vehículos e optou por desprazarse en coches de marca Citron.

De feito, decidiu poxar unha vintena de coches marca Audi do parque móbil da Xunta e permutar os tres vehículos blindados --o transporte do presidente-- por vehículos para fins sociais.


EMILIO GONZÁLEZ 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2011 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal