Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Editorial Alento rescata ao primeiro Cunqueiro
Tras "Preguntando entre bágoas", de Peter Handke, traducido por Cecilia Dreymüller e inédito en España, a editorial Alento presentou onte en Vigo o seu segundo lanzamento: "Mar ao Norde / Mar ao Norte", de Álvaro Cunqueiro, poemario temperán do escritor mindoniense que publicou en 1932, con ilustracións de Luís Seoane e un texto do propio Cunqueiro sobre a súa relación co artista.
Alento é unha nova editorial posta en marcha en Madrid polos galegos Xenaro García Suárez e Xosé Luís García Canido, que se lanzaron a esta aventura . Canido, filólogo, xornalista, comisario de arte e exdirector cultural do Instituto Cervantes, conta que afrontan este proxecto contra a crise e, sobre todo, «contra a pobreza da conciencia crítica». O editor apunta que o libro «foi o medio de comunicación máis resistente á influencia de Internet e as novas tecnoloxías, pero é certo que o libro dixital está aí, e todo fai pensar que veu para quedar. O futuro será o que queiramos, e somos moitos os que non poderiamos prescindir do rito da lectura en papel, na nosa man está que perdure», opina.
A liña a seguir por Alento será a de publicar «aqueles libros que nos parezan necesarios. Algúns por estar completamente lexitimados, máis aló de modas e recomendacións interesadas», engade Canido. Entre os próximos títulos, dous serán en galego: Sobrevoando ou mar, de Ivo Andric, e Mar Atlántico, de Afonso Armada; e un en español: Ascensión e caída, de S. Zweig. A presentación da obra de Cunqueiro na librería Versus contou tamén coa presenza de Xosé María Álvarez Cáccamo, autor do epílogo desta coidada edición bilingüe, atractiva e ilustrada.
Noelia Fernández Paradela, 1ºB.Bac.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-11-2011 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal