Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Desmantelada unha trama de subtracción de cobre na bisbarra de Bergantiños
A Garda Civil detivo a un total de 90 persoas supostamente implicadas nunha trama de subtracción e comercialización de cable de cobre na bisbarra coruñesa de Bergantiños, un operativo que se mantén aberto e que permitiu a recuperación de case 100 toneladas deste tipo de material.
As investigacións sobre estes feitos remóntanse seis meses atrás, coa intención de esclarecer os numerosos furtos e roubos de cable de cobre que se estaban a producir na bisbarra de Bergantiños. Así, tras medio ano de investigacións e de decenas de inspeccións a diferentes establecementos e chatarrerías de toda a provincia, a Garda Civil logrou implicar penalmente e ata a data a un total de 90 persoas pola súa diferente participación na trama de subtracción e compra-venda de cable de cobre na zona.
Ademais, a Garda Civil logrou recuperar un total de 98.145 quilogramos de cable de cobre que foron recoñecidos sen ningún xénero de dúbidas polos técnicos das principais empresas de telecomunicacións e subministración eléctrica vítimas deste tipo de feitos. O material quedou depositado e a disposición da autoridade xudicial nos mesmos establecementos nos que foi incautado.
A Garda Civil continúa coas investigacións en torno a un operativo no que participaron diferentes unidades de Seguridade Cidadá, do Servizo de Policía Xudicial do Corpo e do Servizo de Protección da Natureza, e de feito se prevé que nas próximas datas aumente o número de implicados.



Victoria Fernández Rodríguez
2ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 06-11-2011 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal