Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta péchalle a billa dos cartos á Cidade da Cultura ata o 2014, e entón xa se verá...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o "obxectivo" do seu Goberno até 2014 é "pór en valor" o feito na Cidade da Cultura e aprazou até o devandito exercicio a decisión "definitiva" sobre a construción ou non dos edificios pendentes do Gaiás -o Centro de Arte Internacional e o Teatro da Ópera-, unha vez que "amaine" a crise económica.
"Quédannos tres anos para pór en valor o investimento na Cidade da Cultura", defendeu Núñez Feijóo no coloquio posterior a un almorzo informativo organizado polo Fórum Europa, no que alegou que a Xunta entende que en 2014 pode "estar en condicións" de tomar unha decisión sobre os dous edificios pendentes do complexo cultural, posto que podería "empezar a variar" o crecemento económico en España.
Na súa intervención, o presidente destacou o "enorme esforzo" que están a facer os galegos para "pagar e pór a funcionar" o catro edificios que conforman, a día de hoxe, a Cidade da Cultura. Con todo, ratificou que o complexo do Gaiás será "unha das grandes apostas culturais" da sociedade galega e que se finalizará" -en canto a edificios "acabados e en execución"- "en plena crise".

YAGO EIREI 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2011 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal