Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cultura galega será este ano a invitada á Feira de Durango
A cultura galega será a invitada á 46ª edición da Feira do Libro e o Disco de Durango, que se celebrará do 4 ao 8 de decembro próximos, segundo informou onte Gerediaga Elkartea, a asociación organizadora, que tamén presentou o cartel anunciador da cita.

Gerediaga colaborou con Culturgal, unha asociación similar que organiza cada ano unha feira dedicada á industria da cultura galega, que este ano se celebrará entre o 2 e o 4 de decembro en Pontevedra. Creadores vascos e galegos sumaranse ás diferentes actividades que se organicen.

O cartel elixido -a silueta dunha persoa trazada sobre un disco de vinilo que está lendo un libro- é obra do diseñador murciano Cristobal Aguiló, quen na actualidade traballa para unha axencia de publicidade desa comunidade. O seu traballo, seleccionado de entre os 28 que se presentaron ao concurso, reflicte as dúas ideas básicas que definen a feira da localidade vizcaína: o disco e o libro.

O xurado que o seleccionou estivo composto polo artista plástico Lur Merino; o arquitecto e profesor da Facultade de Belas Artes da UPV Pedro Mari Basañez; o arquitecto Javier da Torre, o fotografo Txelu Angoitia e Jasone Agirre, socia de Gerediaga Elkartea.


Emilio González Padrón N 12
2 Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal