Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nace a Rede de Dinamización Lingüística Local

"Benvidos ao futuro". Así dirixiuse o profesor e académico da RAG Xesús Ferro ante as autoridades e responsables das diferentes 93 entidades que forman parte, dende este venres, na Rede de Dinamización Lingüística local, que nace para converterse nun referente na promoción da lingua galega dende o ámbito municipal.
O Hostal dos Reis Católicos foi o escenario que acolleu o acto de constitución da Rede e que o propio Ruibal, xunto co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, comparou con outros fitos na historia da normalización lingüística municipal, como a Declaración do Hostal en 1984 ou o Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Lorenzo foi o primeiro en tomar a palabra para recordar que as paredes do antigo hospital son "testemuñas de palabras e historias de compromiso" co proceso de normalización da lingua galega, ás que se une este "novo paso adiante" de "vontade compartida" entre as administracións locais. Un "compromiso" de "cohesión" e identidade que todos os asinantes deben materializar.
Así mesmo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo, reivindicou ao galego como "lingua propia dos concellos e deputacións de Galicia", a presenza da cal incrementouse dende as primeiras terminoloxías e vocabularios administrativos e pasando polas ordenanzas municipais sobre o seu uso na corporación local.
"Unha dos sinais da autonomía é a oficialidade da súa lingua", sinalou, tras destacar a Rede como unha "necesidade" e un "instrumento lexítimo" para garantir a implantación efectiva na normalidade diaria da sociedade.

ANDREA ESTÉVEZ 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal